jueves, 31 de mayo de 2012

Soñaba María soñaba...







 
María xogaba na praia  
facéndo castelos de area
soñando con aquel pazo
véndose así doncela!

Soñaba María...soñaba...
soñaba con ser princesa!
cunha coroa de estrelas
e carapucha de seda!

Aos seus pés se achegaron
as ondiñas da marea
que a fixeron despertar
dese soño de moi nena...


Baixo a auga alí quedaron...
 eses soños de princesa!
provocando en María
un sorriso e non pena...




jueves, 19 de abril de 2012

O VENTO...




Deixeime abalar polo vento
pois unha nana cantaba
murmurando ao meu oído
versos da súa alma.

Aroma a flores silvestres
bo cheiro a auga salgada
mesturando sentimentos
desta terra encantada.


Deixeime abrazar polo vento
cómo se dunha aguia tratara
abrindo as miñas ás
sentíndome así amada.


Pechei moi ben os ollos 
deixando que me bicara
con tenrura e agarimo
este vento que me calma...




lunes, 9 de enero de 2012

"NAMORADIÑA..."






Canto te quero amor
cada vez que eu te miro...
sinto na miña alma 
un lume ben acendido.

Mírote,mírote mírote
e lembro porque te miro...
fermosos recordos me veñen
ben sei que non os olvido..!

Gústanme as túas ondas
gozan os meus sentidos...
esa música que fas
dan pracer aos meus oídos.

Auga, pedras e area
fan de ti unha beleza
engaiolas ao que mira,
de xeito que non te esqueza...!

Sempre te teño presente 
queira Deus que así sexa!
Namoradiña me tes
aínda que non sempre te vexa...