Canto te quero amor 
cada vez que eu te miro...
sinto na miña alma 
un lume ben acendido.
Mírote,mírote mírote
e lembro porque te miro...
fermosos recordos me veñen
ben sei que non os olvido..!
Gústanme as túas ondas 
gozan os meus sentidos... 
esa música que fas
dan pracer aos meus oídos.
Auga, pedras e area
fan de ti unha beleza
engaiolas ao que mira, 
de xeito que non te esqueza...!
Sempre te teño presente 
queira Deus que así sexa!
Namoradiña me tes
aínda que non sempre te vexa...