jueves, 19 de abril de 2012

O VENTO...




Deixeime abalar polo vento
pois unha nana cantaba
murmurando ao meu oído
versos da súa alma.

Aroma a flores silvestres
bo cheiro a auga salgada
mesturando sentimentos
desta terra encantada.


Deixeime abrazar polo vento
cómo se dunha aguia tratara
abrindo as miñas ás
sentíndome así amada.


Pechei moi ben os ollos 
deixando que me bicara
con tenrura e agarimo
este vento que me calma...