jueves, 31 de mayo de 2012

Soñaba María soñaba...







 
María xogaba na praia  
facéndo castelos de area
soñando con aquel pazo
véndose así doncela!

Soñaba María...soñaba...
soñaba con ser princesa!
cunha coroa de estrelas
e carapucha de seda!

Aos seus pés se achegaron
as ondiñas da marea
que a fixeron despertar
dese soño de moi nena...


Baixo a auga alí quedaron...
 eses soños de princesa!
provocando en María
un sorriso e non pena...




8 comentarios:

  1. Bonito poema que ven a conto co tempo que se aveciña, de praia, de ensoñacións e fantasías,e a tí nunca che falta. Eres orixinal en todo, mira qué foto lle fixeches dese catelo na aréa que lle vai tan ben ao poema. Non tiven tempo de ler o post anterior a este pero fareino.
    Grazas por deixar un comentario.
    Sigue e sigue escribindo porque o fas moi ben. Daslle a todo!

    Que o verán che traia toda a inspiración que garda para quen sabe captala.
    www.leriasdebea.blogspot.com

    ResponderEliminar
  2. me gusta el ritmo de las letras del poema.
    saludos
    David

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola David, muchas gracias por pasarte por estas letras en gallego y que te resultasen con un bonito ritmo.
      Un saludo.

      Eliminar
    2. Que interesante suena el gallego.
      Saludos
      David

      Eliminar
  3. Gracias Bea polos ánimos que me dás...
    Gustoume moito a entrada que lin no teu blog, quizais porque sentín o que escribías xa que este tempo invita a saír da casa e gozar da natureza e sobre todo do mar...
    Unha aperta, e... tamén desexo para ti un verán con moitas inspiracións.

    ResponderEliminar
  4. Gústame esa idea de provocar un sorriso e non pena, porque sempre vemos nos soños non cumplidos tristura.
    O ritmo fai que o poema se lea amorosamente.
    MOITOS BICOS.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Mariola,xa ves... as veces o vagar fai que nos poñamos a pensar e a soñar...pero a realidade faite ver que as cousas non sempre son como nos gustaría que fosen, pero tampouco che deixa ningunha tritura posto que os pés están ben na terra, neste caso na area jajaja...
      Un biquiño.

      Eliminar
  5. As estrelas pasan no mar col sueño de ser princesas, pero non acertan a pensar que nellas esta a beleza.

    ResponderEliminar

Porfaaa...Non te vaias sen dicirme nada...