jueves, 19 de abril de 2012

O VENTO...




Deixeime abalar polo vento
pois unha nana cantaba
murmurando ao meu oído
versos da súa alma.

Aroma a flores silvestres
bo cheiro a auga salgada
mesturando sentimentos
desta terra encantada.


Deixeime abrazar polo vento
cómo se dunha aguia tratara
abrindo as miñas ás
sentíndome así amada.


Pechei moi ben os ollos 
deixando que me bicara
con tenrura e agarimo
este vento que me calma...




26 comentarios:

  1. Xa vexo é que así é o vento do mar as veces namora o vento mareiro.
    Bicos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas André por achegarte ata estes acantilados do vento.
      Todo un pracer!!
      Un abrazo.

      Eliminar
  2. É un pracer sentirse arrolar pola brisa do mar. Fermoso poema.
    Bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Un pracer é, atoparme con xente nova polo meu espazo, para así mostrarlle as miñas letras e as miñas fotos.
      Un bico para ti Dilaida.

      Eliminar
  3. Boto de menos o cheiro do mar, e que me namoren na veira del. O Poema e fermoso, como ti sabes facelo. Moitos bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Lembranza,que fermoso é o mar e o seu cheiro, verdade?

      Grazas por achegarte ata este vento con aroma de mar e campo.

      Un bico.

      Eliminar
  4. ¡Ola Canto da Lua!

    Eu xa tiña medo que me mordera ese can que ouvea. jaja.
    ¡Mira que xa me pareces Rosalía! Son fermosísimos eses versos.
    Felicidades preciosa.

    A! vento ventiño mareiro
    deixáchesme ben prantada
    ¡bicaches o canto da lúa!
    no montiño do loureiro
    esquecendo que te amaba.
    Pícaro.... pícaro.

    Gracias por tan belas letras e por estar cerca de min.
    Un abrazo agarimoso e bo fin de sema.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. "jajaja"... ben é verdade que a nova imaxe miña por pouco semella un can doente,pero non teñas medo, só é para que escoites o meu ouveo e te achegues ata aquí jajaja.
      Grazas Marina,mil grazas,por ser como es.
      Encántame o poema que me deixas,e que o vento...pero non teñas celos que seguro haberá días para as dúas!,"jajaja"...

      Unha aperta moi forte Marina,a túa visita é moi ben recibida por min.

      Eliminar
  5. Ay que bonita poesía. Sabes captar olores de mar y de flores silvestres, mezclados con el viento y tu buen gusto y ya tienes una linda poesía que empieza bien y tiene un final feliz... ese besos de viento...Mmmm

    Besitos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola Campito,me alegra de que te guste esta pequeña poesía...
      Es verdad que el olor a mar y las plantas cercanas a él te hece sentir nuevas sensaciones...
      ¡¡Es un gusto para los sentidos!!
      Un besito,y...me ha gustado que te llegara este olor!!

      Eliminar
  6. No soy gallega aunque vivo aqui, en Galicia y no me atrevo a contestarte en gallego, pues lo hablo regular.
    Ese olor a mar, es lo primero que percibo al levantarme y las flores me embriagan.

    Un bico agarimoso

    Pilar

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola Pilar!!
      Cuando quieras prueba a contestarme en gallego,te animo a ello,ya que me pareces una mujer muy decidida,y probar cosas nuevas siempre está bien...
      Además... ¿que podría pasar si no te sale?,¡nada! además este es un rincón de amig@s y aquí puedes escribir lo que quieras y como quieras.
      Un abrazo.

      Eliminar
  7. Rima nos versos que fan todavía máis meloso o galego.
    E ese vento que calma as ansias, xunto co cheiro a mar...nese ambiente relaxante que procura sosego.
    Fermoso poema.
    un abrazo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sempre é un pracer que andes por aquí Mariola.
      Encántame!!
      O poemiña é pequecho,pero...sabes? é unha forma de practicar o galego,e saia-me o que me saia aí vai...
      Un aperta agradecéndoche sempre o teu paso por aquí.

      Eliminar
  8. Fas moi ben deixándote bicar polo vento; pero...abrígate, que estes días ven algo fresquiño e podes resfriarte!
    Bicos primaverais

    ResponderEliminar
  9. Ola Chousa da Alcandra!
    Ben é verdade o que dis,pois o vento está a ser ben fresquiño,pero as veces o malo está en que un raíño de sol que hai aproveitámolo coma os lagartos, e logo entre o vento fresquiño e o sol...esa mestura fai que termine cun bo constipado.

    Moitas grazas pola túa visita!

    Bicos dende estes acantilados.

    ResponderEliminar
  10. ¡¡Que fermoso!! Me encanta pasear cuando hace viento, su sonido, y su fuerza, me envuelve,me calma y me relaja, hace que me sienta libre. Bicoss

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Lembranza por achegarte ata esta sensación que nos deixa o vento!
      Estou a ver que a ti tamén che fai sentir en liberdade...
      Biquiños.

      Eliminar
  11. Fermoso enamoramento co vento.

    bo día.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Marcelo por compartir este vento...
      Achegeime ao teu espazo que é moi fermoso! Todo un pracer...!
      Un saúdo.

      Eliminar
  12. Fermoso espazo o do Canto da Lúa, e fermoso lugar para deixarse abrazar polo vento.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  13. Ola Inma... benvida ao meu espazo e agrádame moito saber que che gusta.
    Moitas grazas, prontiño pasarei a coñecerte.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  14. Que fermosura de construcción, encantoume.
    É amor pola terra escrita hacia o vento que acariña.

    aquelo do fondo son as Ons, verdade...

    unha aperta, bos dias.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Marcelo por compartir este vento comigo...é todo un pracer!!

      Dicirche que as Illas son as Cíes, as de Ons están preto, pero neste caso, non son estas que estás a ver.
      De todos os xeitos estou moi contenta de que te fixaras na paisaxe.
      Un saúdo.

      Eliminar
  15. Gustoume moito o teu escrito e as fotografias que supoño que son da terriña ..... disculpame las faltas que cometo ya que hace muchos años que no escribo en galego, pero prometo aprender todo lo que pueda a través de tus preciosos escritos.

    Saludiños desde Barcelona.

    ResponderEliminar
  16. Ola Juan Antonio, non hai nada que desculpar por non escribir ben en galego, tod@s imos aprendendo pouquiño a pouco... pois eu nisto tamén so bastante nova.
    Grazas por te achegares dende Barcelona ata aquí.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar

Porfaaa...Non te vaias sen dicirme nada...